Paradigma (ciencia)

Paradigma, termo derivado do grego antigo παράδειγμα (parádeigma), que á súa vez se compón cos vocábulos παρά (pará, 'xunto a', 'ao lado') e δείγμα (deígma, 'mostra', 'exemplo'), e que podemos traducir como "modelo", é un modelo ou patrón en calquera disciplina científica ou noutro contexto epistemolóxico.

Esta definición correspóndese co significado máis usual da palabra case homónima do idioma inglés paradigm.[1]

Pero o concepto foi orixinalmente específico da gramática; en 1900, o dicionario Merriam- Webster's definía o seu uso soamente en tal contexto (ou en retórica, para referirse a unha parábola ou a unha fábula).

En lingüística, Ferdinand de Saussure usou paradigma para referirse a unha clase de elementos con similitudes. Mesmo no dicionario da Real Academia Galega recóllese só o significado gramatical e lingüístico [2]

O termo ten tamén unha concepción no campo da psicoloxía refiríndose a acepcións de ideas, pensamentos, crenzas, incorporadas xeralmente durante a nosa primeira etapa de vida, que se aceptan como verdadeiras ou falsas sen poñelas a proba dunha nova análise.

Non obstante, dado que este termo se utiliza amplamente en ciencia, en técnica e en epistemoloxía en galego coa definición aquí expresada, non se pode considerar que esta interpretación do vocábulo paradigma non sexa axeitada, polo menos, a efectos prácticos.[3]

Neste artigo tratarase só do paradima científico. Para os aspectos gramaticais e lingüísticos do termo, véxase o artigo Paradigma.

  1. Por exemplo, no Merriam-Webster's podemos ver: paradigm 1: EXAMPLE, PATTERN mistaken the paradigm for the theory (Margaret Mead), a typical conditioned-response paradigm (W.N.Kellogg), regard science as the paradigm of true knowledge (G.C.J.Midgley), paradigms of musical perfection (H.G.Aiken) 2a: an example of a conjugation or declension showing a word in all its inflectional forms b: a set of forms peculiar to a verb, noun, pronoun, or adjective 3: a narrative passage in the Gospels that illustrates a saying of Jesus and represents one of the literary patterns distinguished by form criticism the paradigm T is represented in its purity by the healing of the paralytic (Times Literary Supplement) synonyms see MODEL
  2. paradigma s.m. 1. Gram. Forma ou conxunto de formas que se toman como modelo para a flexión dun substantivo, verbo etc. O paradigma dunha declinación. O paradigma da 1ª conxugación. ‘Andar’ segue o paradigma dos verbos regulares. 2. Ling. Conxunto de palabras dunha mesma clase que poden ser substituíbles nun punto determinado da cadea falada. As palabras camisa, saia, chambra etc., constitúen un paradigma porque figuran no contexto: A... é unha peza de vestir. Diccionario da Real Academia Galega Arquivado 22 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  3. E por cumprir as Normas da Galipedia non imos de deixar de tratar deste significado, como se fai en todos os idiomas modernos, esperando a que nunha próxima edición do dicionario da RAG o inclúa.

Developed by StudentB